CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN O AGASALLO CORRE DA NOSA CONTA
- Sortéanse un bono ABE de 100€
- O gañador poderá utilizar o bono en calquera dos 202 negocios asociados
- O sorteo terá lugar o 19 de febreiro
Boiro 5 de febreiro de 2024
A ABE pon en marcha este luns 5 de febreiro unha nova campaña de promoción con motivo da festividade de San Valentín(14 de febreiro) co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.
Nesta ocasión o premios é un premio dun de 100€ para utilizar en roupa, perfumes, calzado, material deportivo, libros, restauración, tratamentos de beleza, flores, masaxes ou en calquera dos miles de produtos que ofrecen as 202 empresas asociadas a ABE.
Para participar no sorteo os clientes deben rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre o 5 e o 17 de febreiro e o sorteo realizarase o 19 de febreiro
Recordar que os tíckets que se rexistren para esta campaña tamén acumulan puntos ABE para cambiar por agasallos do catálogo.
Esta campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia.